COPA DA COSTA: S.D. Sofán 1 vs Corme C.F. 1

SD SOFAN: David Pena, Sera, Juanjo, Rubén, Pablo, Canedo, Eibe, Luis, Alexandre, Quintela e Raúl. Tamén xogaron Iván Rey, Jonathan, Juan de Dora e Fabián.
CORME CF: Susiño, Javi Peón, Dani Cousillas, Pandi, Jesús, Sueiro, Doldán, Lucas, Alejandro, Alejo e Toniño. Tamén xogaron Samu Costa, Brais Torrado, Diego, Isaac e Angel.
GOLES: 0-1 7´Alejo 1-1 25´Quintela

A Sd chega por segunda vez na súa historia ás semifinais da Copa da costa ó eliminar ó Corme por un tanteo global de 4-1. O marcado do xoves foi decisivo, pois onte no sintético do Carral o Corme dominou o encontro, aínda que o fixo cun home máis despois da expulsión de Sera ós 27 minutos. O Corme anotou pronto por medio de Alejo, pero a Sd tivo tres claras ocasións nas botas de Quintela, e unha na cabeza de Raúl. Foi Quintela o que igualou o encontro nun remate co peito a centro de Luis. Tivo o Corme unha boa ocasión que sacou Eibe baixo paos. Chegouse ó descanso con igualdade.

No segundo tempo dou a sensación que o Corme creía menos na remontada, ou que se lle acabou a gasolina. A saída e Juan de Dora dou mordiente ó ataque local, e o dianteiro de Louro mandou un balón ó pao e viu como se lle anulaba un tanto por fora de xogo. O Corme tivo algún acercamento, como un disparo de Pandi que sacou David, pero a diferencia da ida foi insalvable.