COPA DA COSTA: Corme CF 0 vs SD Sofán 3

Partido clásico copeiro o de onte en Xaviña na ida dos cuartos de final da Copa da Costa entre o Corme e o Sofán, ante uns 250 espectadores que deron gran colorido ó enfrontamento. O encontro foi de ti a ti e só no treito final o Sofán acadou a vantaxe coa que vai ó partido de volta.
De inicio dominou o equipo de Cancela, que tivo ocasións na cabeza de Juan de Dora e de Sera en sendos remates que se foron altos. Alejo tivo a mellor do Corme nun erro defensivo que o dianteiro aproveitou para plantarse ante Rumbo pero o porteiro visitante sacou o remate co pe frustrando unha gran opción para os azuis. Jacobo Eibe lanzou unha falta lonxana a rentes do pao a pouco do tempo de lecer. Pediuse penalti nunha entrada de Iván Rey a Doldán. Ó descanso chegouse con igualada.


No segundo tempo saíu o Corme a por todas e tivo os seus mellores minutos. Félix tivo que sacar baixo paos un remate de Doldán despois dunha xogada de Alejo na que regateou a Rumbo, e o propio Alejo tivo outra boa ocasión nun balón longo que Rumbo, un dos destacados, volveu a sacar cos pes. Pero cando máis apretaba a afección cormelá chegou o gol de Canedo, nunha boa xogada da SD con centro de Luis que o centrocampista rematou á rede chegando dende atrás. E ahí decantouse o partido, pois o Corme baixou os brazos, e o Sofán aproveitou para anotar dous tantos máis no treito final, cando o Corme se quedou con 10 por expulsión de Dani Cousillas. Quintela nun remate cruzado e Luis nun gran disparo dende fora da area puxeron o marcador final. Aínda Jonathan e Fabian en disparos lonxanos puideron aumentar a conta. 0-3 nun gran partido copeiro entre dous grandes equipos.


CORME CF: Susiño; Dani Cousillas, Pandi, Jesús, Javi Peón; Toniño (Manu, min 81), Eloy, Sergio Sueiro, Adrián Doldán (Samu Costa, min 84); Alejo (Brais, min 85) e Lucas
SD SOFAN: Javi Rumbo; Iván Rey, Sera, Félix (Juanjo 85´), Pablo Domínguez; Canedo, Matías (Raúl, min 37), Jacobo Eibe (Jonathan Fraga, min 72), Luis; Juan de Dora (Quintela, min 70) e Fabián.
GOLES: 0-1 66´ Canedo 0-2 80´ Quintela 0-3 83´Luis