Baíñas S.D. 3 vs S.D. Sofán 2

BAÍÑAS: Iván, Tantán, Cristian, Mayor, Moreira, Jesús, Felipe (Canay 55´), Canosa (Oreiro 67´), Javi Souto (Cachi 87´), Esteban e Pablo Muíño

S.D. SOFÁN: David Pena, Iván Rey (Juanjo 65´), Pablo, Sera, Rubén (Juan de Dora 65´), Canedo, Eibe, Luis, Alexandre, Matías (Sito 65´) e Raúl (Adrián 75´)

GOLES: 0-1 6´Raúl de cabeza tras centro de Eibe   1-1 15´Pablo Muíño definindo nun balón longo   1-2 25´Alexandre culmina un pase en profundidade de Matías   2-2 36´Mayor á saída dun córner   3-2 89´Pablo Muíño nunha contra

Caeu a Sd na ida de 16º de final da Copa da Costa en Vimianzo, nun mal partido dos de Cancela, moi confiados e pouco dados á loita propia destes partidos. A pesar de adiantarse pronto cun remate de RAúl, Pablo Muíño, protagonista do partido, anotou o empate rápidamente nunha contra moi mal defendida pola Sd. Parecía que os visitantes tomabande novo o mando e o gol de Alexandre así o atestiguaba. Iván, improvisado porteiro, facía unha boa parada a disparo do propio Alexandre. Pero nun córner no que a Sd se despistou de maneira xeral, igualou Mayor a porta baleira.

No segundo tempo o protagonista foi o porteiro local, que detivo disparos de Eibe de falta, de Luis e de Juan de Dora. Anulouse un gol a Juan de Dora por fora de xogo. A Sd tivo o control pero o Baíñas defendeuse moi ben, e sacou perigosas contras, e nunha cando todos daban por bo o resultado Pablo Muíño mostrou o seu olfato goleador e potencia para anotar o tanto da vitoria local.