At. Escairón 1 vs S.D. Sofán 1

Cumpliu o trámite a Sd e rematou a liga cunha igualada no campo do Escairón. Cancela doulle a oportunidade a varios xuvenís que estiveron a moi bo nivel. É de resaltar que o Sofán acabou cun once no campo con 8 xogadores menores de 20 anos. O encontro foi divertido para o espectador pois ambos equipos buscaron o ataque dende o inicio. No primeiro tempo a Sd tivo clarísimas ocasións para adiantarse nas botas de Juan de Dora, Raúl e Quintela, pero a puntería estaba algo torcida, ata que xusto antes do descanso Juan de Dora anotou un centro ó segundo pao.

No segundo tempo igualou rápidamente o Escairón, que se foi ó ataque con descaro deixando moitos espacios en defensa. O meta xuvenil Cristian estivo moi seguro defendendo a portería, e entre Cuadrado e Nacho Moreno tiveron a mellor ocasión para levarse a vitoria a Sd, pero non foron quen de anotar un man a man co gardameta local. Rematou a liga, coa SD con 48 puntos salvada fai xa unhas xornadas e pensando nas semifinais da copa da costa.

AT. ESCAIRON: Saúl, Félix, Aitor (Cesar 84´), Alami (Dafonte 46´), Carlos, Caio, Manu, Mario Vicente, Calo (Miguel 46´), Asier e Iago

S.D. SOFÁN: David Pena (Cristian 46´), Iván Rey, Pablo, Rubén (Nacho Eiris 69´), Juanjo, Jonathan, Canedo (Eloy 74´), Juan de Dora, Quintela, Fabián (Nacho Moreno 46´) e Raúl (Cuadrado 80´)

GOLES; 0-1 44´Juan de Dora   1-1 49´Félix