Arzúa S.C.D. 1 vs S.D. Sofán 1

Igualou a Sd en Arzúa e conqueríu o punto que lle facía falla para manter a categoría de forma matemática, nun encontro moi táctico, disputado a alto ritmo a pesar das alturas de tempada na que estamos, e que se resolveu cunha xusta igualada. O primeiro tempo foi ben xogado pola SD, que tivo o control do balón, e buscado a Juan de Dora e Quintela en ataque fixo perigo sobre todo nun disparo de Dora tras un balón peinado de Canedo que saiu a rentes do pao. A mellor ocasión visitante foi nunha contra cun disparo de Manu que Rumbo sacou cos pes.

Canedo batallou no centro do campo como nel é habitual

Ó inicio do segundo tempo Juan de Dora estivo listo e aproveitou un pase de Quintela para inaugurar o marcador. Pronto empatou o Arzúa, nun tremendo disparo de Miguel ante o que nada puido facer Rumbo, que tivo que meter o pé nun disparo de Damián que se colaba. O cansancio fixo mella nos de Cancela, que defenderon o resultado como boamente puideron, e incluso contra o final puideron ganar o partido nunha falta que lanzou Luis e Tasende enviou a córner.

S.C.D. ARZÚA: Tasende, Jesús, Sesar (Adrián 88´), Borja (Damián 74´), Diego Enjamio, Miguel, David Enjamio, Julián (Marcos García 53´), Pampín, Casal e Lodeiro

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo ( Juanjo 80´), Sera, Félix, Canedo, Eibe (Matías 55´), Fabián, Alexandre, Quintela (Luis 78´) e Juan de Dora (Raúl 85´)

GOLES: 0-1 50´Juan de Dora   1-1 62´Miguel

Pablo Domínguez mostrou a súa calidade en Arzúa