Viveiro C.F. 2 vs S.D.Sofán 1

VIVEIRO C.F.: Alex, Bautista, Miguel, Julio Camba, Joao, Poceiro, Alex Paz, Xaime, Arturo (Pablo 86´), Rolle (Xenxo 74´) e Dani Carnota (Xoel 80´)

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Sera (Nacho Eirís 87´), Sito, Rubén, Pablo Domínguez, Eibe, Iván Rey (Eloy 87´), Matías (Nacho Moreno 81´), Alexandre, Luis (Juanjo 46´) e Raúl

GOLES: 1-0 14´Rolle   2-0 34´Artura   2-1 53´Sera

Condenou un mal primeiro tempo á Sd, que foi superior no segundo pero non logrou remontar. O inicio do Viveiro foi forte, con ocasións de Rolle, Dani Carnota e Arturo que sacou ben Rumbo. Eibe lanzou unha falta que rozou a escadra antes do gol inicial local. Alexandre puido empatar nun balón longo, pero despois dunha nova parada de Rumbo a Rolle, Arturo logrou o segundo tras revolverse na area e colocar o balón na escadra.

A Sd foi outra no segundo tempo. Unha boa xogada de Raúl rematouna Pablo fora. Eibe disparou a rentes do pao antes de que un centro seu o rematara Sera ó fondo das mallas. Ó Viveiro entroulle o medo. Unha falta ó borde da area colocouna con maestría Eibe na escuadra pero Alex fixo un paradón para evitar o gol. Foi expulsado o local Xenxo tras cortar unha contra de Alexandre. Un remate de Raúl, outro de Rubén á saída dun córner e un clarísimo de Eibe, ó que lle botou o balón cando ía empatar o encontro, foron as ocasións da Sd.

A nota positiva foi o debut dos xuvenís Nacho Moreno, Eloy e Nacho Eirís.