S.D.Sofán 3 – S.D.Dubra 1

S.D.SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Félix, Sera, Jonathan, Fabián, Matías (Juanjo 76´), Luis (Adrián 86´), Quintela (Sito 84´) e Raúl (Alexandre 66´)

S.D. DUBRA: Coutinho, Leites (Anxo 69´), Baleato (Adrián Vázquez 46´), Cholo, Brais, Borja Collar (Diego Gesto 46´), Villa, Caneda, Alberto (Martín 69´), Dani Moto e Gonzalo

GOLES: 1-0 43´Jonathan   2-0 50´Quintela   2-1 75´Gonzalo   3-1 89´Iván Rey

Xogou un gran partido o conxunto de Cancela para levarse tres importantísimos puntos ante o correoso Dubra, un dos equipos máis duros da categoría. De inicio mandou a Sd, aínda que o encontro era moi táctico. Ós 9´Quintela mandou alto cando estaba só na area. Á media hora unha boa deixada de Luis rematouna Jonathan fora, pero o centrocampista non perdoou a pouco do descanso, nun balón que pelexou Quintela e o 17 rematouna a gol.

Á volta do descanso tivo Raúl a súa, nunha gran xogada do dianteiro, pero Coutinho sacou unha gran man. Pouco despois unha xogada individual de Matías acabou no segundo tanto da Sd. Tivo Adrián Vázquez unha boa opción que sacou Rumbo. Matías, Quintela e Pablo Domínguez, este de falta, puideron sentenciar, pero o gol de Gonzalo tras peinada de Caneda levou o susto á grada. Iván Rey con tempo cumplido anotou o terceiro e a afección respirou tranquila.