S.D.Sofán 0 vs U.D. Paiosaco 2

S.D. SOFÁN – Javi Rumbo, Rubén, Sera, Pablo Domínguez, Canedo, Fabián (Sito 71´), Matías (Matías 61´), Alexandre, Quintela (Juanjo 89´), Raúl e Juan de Dora.

U.D. PAIOSACO: Dani Moreno, Sergio (Iriso 79´), Ventola, Popi, Bilal, Pablo, Javi Fuentes, Diego Lois, Josiño (Manjarín 74´), Bam Bam (Aythami 64´) e Juanma (Vía Rápida 71´)

GOLES: 0-1 53´Popi   0-2 89´Manjarín

Derbi trepidante nas Eiroas, con poucas ocasións de gol pero intensidade e pelexa ata o final, non exento de polémica. A Sd quedou con 9 homes no campo despois das expulsións de Juan de Dora 85´e Canedo 87´. O primeiro tempo foi de respeto mutuo, Quintela non chegou a un centro de Pablo por pouco no 19´e Diego Lois mandou alto unha boa contra no 32´. Bilal, que estivo moi ben, centrou para que Bam Bam non atinase a marcar no 40´.

No segundo tempo, o gol de Popi á saída dun córner desnivelou a contienda. Antes Bam Bam tivo unha ocasión clarísima,  pero Rumbo fixo un paradón a boca de xerro. A Sd estirouse pero Quintela e Juan de Dora dispararon frouxo ás mans de Dani Moreno, e Raúl rematou de cabeza chapando o porteiro. Rumbo estivo moi fino a disparos de Diego Lois e Josiño, e chegou a bronca cunha acción entre Manjarín e Sito, e as expulsións de Juan e Canedo. O postreiro gol de Manjarín foi a sentencia.