Betanzos C.F. 3 vs S.D. Sofán 0

BETANZOS C.F. – Manu Cedrón, Hugo (Dani Costa 72´), Borja Señarís, Pipo, Carneiro (Taín 60´), Christian, Mou (Artai 75´), Rebolo (Miguel 80´), Pablo, Martín e Patiño.

S.D. SOFÁN – David Pena, Iván Rey, Pablo (Juanjo 78´), Sito, Sera, Jonathan (Canedo 62´), Fabián, Luis, Matías (Juan de Dora 58´), Quintela e Raúl (Alexandre 58´).

GOLES: 1-0 48´Pablo   2-0 60´Mou   3-0 75´Dani Costa

Dura derrota da Sd en Betanzos nun mal segundo tempo dos de Cancela. O primeiro tempo foi igualado, con dous equipos que apenas expoñían. Púidose adiantar a Sd no 2´, nun doble remate de Luis e Quintela na area pequena. A ocasión máis clara do Betanzos foi un gol anulado a Pablo por falta previa. Antes do descanso Quintela tivo a máis clara da Sd, nun remate de cabeza na area pequena que enviou ás mais de Manu Cedrón.

O gol á saída dun córner de Pablo decantou o encontro. A Sd puido empatar acto seguido nun remate de Quintela, pero unha boa xogada de Patiño que acabou con remate de Mon sentenciou o encontro. As contras do Betanzos foron moi perigosas, anotou outro tanto máis e incluso puido aumentar a conta.