S.D.Sofán 1 vs Outeiro de Rei 2

S.D. SOFÁN: David Pena, Iván Rey, Pablo, Rubén , Sera, Canedo (Jonathan 73´), Eibe, Alexandre (Quintela 67´), Juan de Dora (Luis 67´), Fabián e Raúl

OUTEIRO: Diego, Samuel, Roca (Alex 73´), Jonatan (Yago 67´), Trigo, Marcos Núñez (Xoel 86´), David, Cornide, Yebra (Kike 51´), Redondo e Aarón (López 80´)

GOLES: 1-0 44´Raúl   1-1 83´Redondo   1-2 89´David Pereiro

Vaia partido perdeu a SD nas Eiroas. O equipo de Cancela non estivo ben, pero marrou infinidade de ocasións, e nos últimos 5 minutos viu como o rival anotaba dous tantos e se levaba o partido. No primeiro tempo a Sd, buscando a velocidade en ataque, mandou un balón ó pao por medio de Pablo Domínguez, tivo Raúl unha boa opción nun remate a centro de Alexandre, e a Juan de Dora fóiselle o control cando estaba diante do porteiro visitante. Na última xogada do primeiro tempo unha falta botada por Eibe mandouna Raúl ó fondo das mallas.

O segundo tempo foi soporífero. O Outeiro tivo o balón, ante unha Sd inoperante, que aínda así tivo claras opcións, as máis evidentes un man a man de Quintela e un remate de Alexandre dende o punto de penalti que sacou o porteiro cun paradón. E chegou o desenlace. Unha falta ó borde da area serviu para que o Outeiro igualara, e dous minutos despois unha incomprensible perda de balón no medio do campo dou lugar a unha contra que os lucenses non desaproveitaron. Incrible.