S.D.Sofán 1 vs Lugo B 0

S.D. SOFÁN: Rumbo, Iván Rey (Sito 69´), Pablo Domínguez, Félix, Rubén, Jonathan, Eibe, Alexandre (Matías 88´), Luis (Adrián 89´), Juan de Dora (Quintela 78´) e Raúl


LUGO B: Cacharrón, Asier (Facu 76´), Pablo Rey (Agus 76´), Manu, Óscar Rivas, Núñez (Alvaro 76´), Escriche, Luis Díaz, Cuadrado, Javi Rey e Coca (Javi Liz 65´)


GOL: 1-0 68´ Luis de pti

Expulsado Cacharrón no 64´

A loita foi a tónica habitual no centro do campo

A Sd é capaz de calquera cousa, tanto de perder co colista como de ganarlle ó líder. Plantexou un gran partido ante o Lugo B, cerrándolle camiños á portería de Rumbo, e contraatacando con eficacia. O Lugo tivo o control do balón, pero so un disparo lonxano de Cuadrado e un remate de Escriche que Rumbro desviou a córner foron as súas opcións. Raúl tivo un remate que se foi fora por pouco, e un disparo de Juan de Dora sacouno Cacharrón.

Jacobo Eibe acabou o partido, pero tivo que irse para o hospital

A Sd controlou o xogo, e no segundo tempo o Lugo dou mostras de desesperación, sen poder xerar perigo. E nun despiste do gardameta visitante Juan de Dora andivo listo e forzou o penalti e a expulsión do gardameta, co que Luis marcou o único tanto do encontro. Ata o final defendeu moi ben a Sd. A nota negativa foi que un balonazo inoportuno mandou a Jacobo Eibe ó hospital, por precaución ante o golpe na cabeza.

Cando a Sd xoga en grupo é un rival difícil