S.C.D Residencia 1 vs S.D. Sofán 2

S.C.D. RESIDENCIA: Diego, Adrián, Borja Rasilla, Corredoira (Jimi 77´), Dani Galán, Zapico, Mauro (Longarela 64´), Roberto (Diego López 50´), Yeray, Alex Vázquez e Isaias

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey (Sera 62´),  Pablo Domínguez, Félix, Rubén, Canedo, Fabián (Matías 77´), Juan de Dora ( Quintela 58´), Luis, Alexandre (Jonathan 69´) e Raúl

GOLES: 1-0 36´Dani Galán de pti   1-1 43´Félix   1-2 49´Alex Vázquez en pp

Sacou tres puntos de ouro a SD na súa visita ó campo da Cheda lucense. O encontro foi feo, sen apenas ocasións de gol, pero de tensión, pois os equipos sabían o que se xogaban. O aspecto táctico dominou a primeira media hora, e nun erro visitante Félix cometeu penalti que anotou o capitán Dani Galán. A Sd buscou o empate e nun balón parado o propio Félix de cabeza facía a igualada.

Nada máis saír de vestiarios unha falta botada maxistralmente por Luis introduciuna na súa meta o  lateral dereito local Alex. O Residencia volcouse ata o final do partido, pero a mellor ocasión tiñaa Quintela cun remate na area pequena a pase de Raúl. A defensa sofanista estivo moi segura e non pasou excesivos apuros ata o final.