AG. Estudiantil 2 vs S.D.Sofán 2

AGR. ESTUDIANTIL: Fran, Jacobo, Pablo Carabán, Carlos, Alfonso (Fer 57´), Bruno, Iago Neira, Brais Calvo, Alberto, Colón e Roi Peiteado (Rial 83´)

S.D. SOFÁN: Rumbo, Iván Rey (Alexandre 56´), Pablo Domínguez, Rubén, Félix, Sito, Canedo, Jonathan (Fabián 56´), Luis (Matías 73´), Juan de Dora e Raúl (Eibe 62´)

GOLES: 0-1 6´Juan de Dora   1-1 33´Colón   2-1 83´Fer   2-2 88´Eibe de pti

Difícil igualada da Sd nun encontro que se puxo de cara moi pronto. Un pase profundo aproveitouno Juan de Dora para bater a Fran na súa saída. Xogou ben o Estudiantil, con Colón e Brais Calvo facendo das súas. O capitán Colón tivo unha clarísima ocasión no punto de penalti pero enviou fora, e á media hora igualou nun erro da defensa sofanista. Luis rematou de volea acto seguido moi alto antes do descanso.

No segundo tempo a Sd defendeu mellor que no primeiro, e apenas houbo ocasións. Pero cando o partido acababa unha entrada de segunda liña de Fer doulle vantaxe ó Estudiantil, que parecía definitiva. Pero unha penetración de Juan de Dora foi cortada por Carlos en penalti, que transformou Eibe na igualada definitiva.