S.D.Sofán 1 vs C.D. Castro 1

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Sera (Raúl 58´), Juanjo (Sito 58´), Canedo, Jonathan, Fabián, Luis (Matías 71´), Alexandre e Juan de Dora (Quintela 32´)

C.D. CASTRO: Osorio, Fernando (Omar 71´), Javichu, Ruchi, Diego, Joao, Marino, Núñez, Iván González (Alberto 86´), Edrosa (Igor 84´) e Alvaro (Nacho 58´)

GOLES: 0-1 3´Iván González   1-1 61´Canedo

Foi superado nun mal primeiro tempo a SD, para despois imporse ó Castro nunha segunda metade que debeu rematar con vitoria sofanista. O inicio foi falto de concentración por parte local, que nunha perda no medio do campo, un centro lateral permitiu a Iván González conectar un bo testarazo ó fondo das mallas. Puido sentenciar o visitante Álvaro nunha contra pero mandou o balón fora. Lesionouse Juan de Dora e saíu Quintela, que tivo unha boa ocasión nun disparo dende o punto de penalti. De novo o extremo visitante Álvaro tivo un man a man que sacou Rumbo antes do descanso.

Mudou o panorama tras a saída de vestiarios. A SD arriscou e fíxose co partido. Igualou Canedo nun tremendo disparo dende 35 metros. E tiveron ocasións abonda para levarse o partido: un par de disparos de Alexandre, un remate de cabeza de Canedo e un trallazo tremendo de Jonathan non entraron de milagro. Ó final un remate do visitante Núñez puido ser a derrota, pero todo acabou en xusto empate.