S.D. Ordenes 4 vs S.D. Sofán 3

ORDENES: Berto, Víctor Hervés (Angel 46´), Lucas, Rúa (Aguado 46´), Paco, Richi (Carlos Lugo 46´), Munín, David Suárez, Alvaro, Toño Pozas (Blix 71´) e Chiño.

S.D. SOFÁN: Rumbo, Iván Rey (Matías 89´), Pablo, Sito, Félix (Rubén 79´), Canedo, Jonathan (Eibe 80´), Luis, Fabián, Alexandre e Quintela (Raúl 85´).

GOLES: 0-1 24´Quintela   1-1 28´Munín   1-2 33´Fabián   1-3 42´Félix   2-3 48´Munín   3-3 70´David Suárez de pti   4-3 86´Angel

Incrible partido o que se lle escapou á SD. Ganando 3-1 no descanso viu como o Ordenes lle remontaba no segundo tempo sen facer gran cousa. Foi superior a Sd no primeiro tempo. Despois dunha ocasión local, con remate ó pao de Rúa, chegou o gol de Quintela nunha gran xogada de Luis. Empatou pronto o Ordenes nun despiste da zaga da SD, pero Fabián tras outra xogada de Luis, e Félix á saída dunha falta poñían o 1-3. Tivo Luis a porta valeira a ocasión de sentenciar pero o seu remate saíu alto.

O segundo tempo foi diferente.  O Ordenes buscou máis balón directo e o seu dianteiro Chiño foi o home do partido. Nun balón parado recortou distancias, e unha gran xogada de Chiño, que se foi de canto defensa lle saíu ó paso acabou en penalti que serviu para o empate. Unha nova xogada de Chiño sobre a hora serviu para que o equipo local se levase a vitoria ante a desesperación visitante.