C.F. Boimorto 0 vs S.D. Sofán 5

C.F. BOIMORTO: Manu Cortés, Corral (Luisito 54´) (Adrián 68´), Jorge, Joseba, Nacho, Jalecho, Julito, Sergi, Neto (Jonathan 68´), Sergio (Pose 13´) e Figu

S.D. SOFÁN: Rumbo, Iván Rey, Pablo (Sera 72´), Rubén, Sito, Canedo, Jonathan (Eibe 79´), Juan de Dora (Matías 75´), Alexandre, Quintela (Fabián 64´) e Raúl.

GOLES: 0-1 11´Quintela   0-2 20´Joseba en pp   0-3 67´Fabián   0-4 69´Iván Rey   0-5 83´Raúl

O campo non estaba nas mellores condicións

A SD Sofán puido dedicar unha boa vitoria ó seu ex meta Bugy, todavía ingresado no hospital, e ó que lle desexamos unha pronta recuperación.

Foi moi solvente a Sd nun dos campos máis difíciles da categoría, cun ambiente hostil que foi baixando a medida que ían caendo os goles. A Sd entrou ben no partido, pois un disparo cruzado de Juan de Dora remachouno Quintela no segundo pao. Pouco despois un córner foi introducido na súa porta polo central local Joseba. 0-2 e 20 minutos xogados.

A SD controlou ben ós puntas locais

A Sd dedicouse a defender ata o descanso ante un conxunto local que non era quen de combinar nun terreo de xogo moi irregular. Aínda así Rumbo tivo que intervir ante un disparo de Neto e nun córner cerrado que se envenenou.

O control seguiu no segundo tempo, cunha Sd moi seria en defensa, e cos cambios chegou a sentencia. Fabián anotaba o 3º e Iván Rey de fermoso disparo o 4º. O encontro morreou e Raúl anotou un golazo para cerrar a goleada nun partido plácido para a Sd.

Moita xente en Boimorto para ver o encontro