Xallas C.F. 2 vs S.D. Sofán 1

XALLAS: Julián Couto, Cristian, Pablo Vigo, Alex Canedo, Dani Becerra, Borja Gándara (Fernando 50´), Oliver, Marcos, Kevin (Doro 75´), Julián López e Uxío (Alex Blanco 61´)

S.D.SOFÁN: Rumbo, Iván Rey (Jonathan 82´), Pablo, Rubén (Sera 70´), Sito, Canedo, Eibe, Alexandre, Fabián (Raúl 70´), Luis e Juan de Dora (Quintela 76´)

GOLES: 1-0 3´Marcos   1-1 65´Luis de pti   2-1 88´Alex Blanco

Clásico derbi en Fontenla marcado polo tempraneiro gol de Marcos. Unha falta dende o centro do campo que saca con precisión Julián á espalda da defensa e Marcos controla e de volea bate a Rumbo. Primeira xogada e 1-0. O Xallas estaba onde quería, co marcador a favor e replegouse ata límites insospeitados. A SD tivo o balón case todo o tempo pero o perigo foi escaso. Un centro de Luis non chegou Juan de Dora por pouco. Fabián rematou frouxo fora. Moi pouco fútbol no primeiro tempo.

No segundo seguiu pola mesma tónica. Foi anulado un gol ó Xallas por fora de xogo posicional no 60´, e pouco despois un penalti de Becerra a Canedo serviu para o empate. A SD conformouse co resultado e pagouno caro. Foi expulsado Eibe no 82 e a Sd replegouse. Rumbo sacou un remate de Alex Canedo, e contra o final Alex Blanco tirou de calidade para enganchar un centro lateral e facer o gol da vitoria. Aínda houbo tempo para unha nova expulsión, a de Oliver, nun partido moi limpo que acabou incriblemente con 2 homes na caseta antes de tempo.