San Tirso 0 vs S.D.Sofán 1

SAN TIRSO: Diego, Guille, Damián, César, Isaac (Manu 88´), Oscar Varela, Alvaro (David Caamaño 69´), Curras, Yago Miño (Xián 69´), Ares e Fran.

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo (Sera 71´), Félix, Rubén, Canedo, Eibe (Jonathan 64´), Fabián, Luis (Quintela 79´), Juan de Dora e Raúl (Alexandre 69´).

GOL: 0-1 59´Luis de penalti

Fabián fixo unha gran labor no centro do campo

Gran vitoria a domicilio da Sd en San Tirso, nun campo de reducidas dimensións no que a SD se adaptou perfectamente. O primeiro tempo foi controlado polos visitantes que se puideron adiantar nun remate no punto de penalti no que Juan e Eibe se estorbaron. Tivo a primeira o SAn Tirso nun centro de Damián que rematou Currás ás mans de Rumbo. Primeiro Luis nun remate cruzado e logo Juan nun man a man con Diego casi adiantan á SD, pero Rumbo tivo que facer un paradón a remate de Cesar Freire á saída dun córner.

No segundo tempo un claro penalti a Canedo serviu para que se adiantase a SD. Luis non errou o disparo. Puido sentenciar a Sd nunha doble clarísima ocasión de Fabián e Luis pero marraron cando o mais fácil parecía marcar. Rumbo luciuse a disparos de Currás e Guille. O colexiado expulsou a Fran no 76 por doble amonestación e a SD non tivo máis que defender con seriedade para levarse os puntos.

Raul coma sempre estivo moi activo no ataque sofanista