S.D.Sofán 3 vs At. Escairón 1

S.D.SOFAN: Javi Rumbo, Iván Rey, Sito (Rubén 85´), Félix, Pablo Domínguez, Canedo, Jacobo Eibe (Jonathan 64´), Luis (Quintela 67´), Fabián, Juan de Dora e Raúl (Juanjo 83´)


AT.ESCAIRÓN: Javi López, Aitor (Borja 62´), Manu, Alami (Miguel 74´), Basán, Caio (Mario Vicente 86´), Félix (Asier 68´), Dafonte, César, Iván González e Quiroguita


GOLES: 0-1 28´Caio   1-1 38´Juan de Dora   2-1 62´Félix   3-1 67´Quintela
Importante vitoria da SD nunha desapacible tarde nas Eiroas. O Escairón foi un duro rival, que se adiantou no marcador, pero a SD tivo paciencia e levouse os puntos con xustiza.


Tivo Raúl a primeira ocasión nun centro de Juan de Dora que o 9 rematou frouxo. Pero empezou a sufrir a balón parado a SD nun centro cerrado de Quiroguita, preludio do gol de Caio á saida dunha falta lateral. Por sorte igualou a SD pronto nun remate de Juan de Dora no segundo pao.
Os mellores minutos da SD foron no inicio do segundo tempo, e o gol de Félix á saída dun córner foi un bálsamo para os de Cancela. Luis e Eibe tiveron bos disparos lonxanos, pero a ocasión máis clara foi visitante, nun man a man que Rumbo resolveu ante Félix. O 3º de Quintela foi a sentencia, e aínda Jonathan puido aumentar a conta nun par de contragolpes.