S.D.Sofán 2 vs Arzúa S.D. 3

Surreal partido o Sofán – Arzúa. Houbo emigración xeral á Laracha pois o campo das Eiroas non estaba en condicións para disputar o partido. Aínda así a afección desplazouse en masa. O encontro foi tremendo, precioso. O primeiro tempo tivo moita calidade, cunha saída fortísima do Arzúa que dispuxo nas botas de DAni Méndez de duas ocasións clarísimas para adiantarse.

A SD, a base de bo fútbol, fíxose co control e empezaron a chegar as ocasións. Dora remata unha penada de Raul, Tasende saca un man a man a Luis, un gran centro de Sito non o empurra Alexandre ás mallas, e unha gran volea de Eibe sacaa Tasende en gran escorzo, Raul na boca de gol ve como Rucho lle quita o tanto das botas. Pero nunha contra, Dani Méndez plántase ante Rumbo, este saca o seu remate co pe, pero Enjamio chegando dende atrás clavaa na escadra. Parecía que ía ser o resultado ó descanso, pero unha internada de Alexandre acaba en falta ó borde, que Eibe coloca na escadra.

Saíu a Sd decidida no segundo tempo, e Raúl non chega a un centro de Juan de Dora. Rumbo detén un forte disparo de García. Pero novo erro da zaga sofanista, e Manu Casal a pase de Dani Méndez anota o segundo. O desconcerto foi total nos locais, que viron como nun corner Rucho anotaba o terceiro. Parecía morta a SD, pero Dora pelexando un balón a Tasende, recurtou diferencias, e o acoso final foi tremendo, cun gran disparo lonxano de Raul, e un remate de Quintela no punto de penalti como ocasións máis claras. Non puido ser a pesar do gran partido da SD

SD SOFAN: Rumbo, Sito, Pablo, Rubén (Quintela 70´), Juanjo, Canedo, Eibe (Jonathan 70´), Luis, Alexandre (Fabian 54´), Juan de Dora e Raul.

ARZUA: Tasende, MIguel, David Enjamio, Rucho, Puri (Julian 76´), Diego Enjamio, García, Mosteiro, Carril, DAni Méndez (Carlos 88´) e Manu Casal (Iván 89´).

GOLES: 0-1 43´Enjamio   1-1 44´Jacobo Eibe   1-2 53´Manu Casal   1-3 60´Rucho   2-3 80´Juan de Dora