S.D. Sofán 1 – As Pontes 1

SD SOFAN – David Pena, Iván Rey, Pablo Domínguez, Félix, Rubén (Sito 75´), Canedo, Jonhathan (Eibe 77´), Alexandre (Juanjo 80´), Quintela (Luis 75´), Fabián e Juan de Dora

AS PONTES – Paco, Criado (Peke 66´), Adrián Martínez, Rego, Dani, Rober (Alex Cabarcos 72´), Quique, Bossa, Adrián Iglesias, Fidi (Pablo Ramos 72´) e Rubén Pardo

GOLES: 0-1 41´Adrián Iglesias   1-1 62´Alexandre

Partidazo da Sd nas Eiroas ante un dos gallitos, o As Pontes, que a pesar de adiantarse no marcador non puido co empuxe local no segundo tempo. A Sd saíu presionando moi arriba, o que sorprendeu ós visitantes, que non tiñan claridade para sacar o balón xogado. Un centro de Alexandre rematouno frouxo Juan de Dora. Respostou o lateral Rober cun disparo moi lonxano que repeliu o longueiro. Anulóuselle un tanto ó conxunto visitante por fora de xogo. Tivo Félix unha boa opción a balón parado e acto seguido nun balón longo adiantouse o As Pontes.

A SD xogou un gran partido ante un dos mellores equipos da categoría

No segundo tempo saíu moi forte a Sd, e tivo dúas opcións clarísimas: Jonathan rematou de cabeza a porta baleira fora, e pouco despois Fabián rematou só moi cruzado. Pero intuíase o gol, e foi Alexandre nun balón parado o que empatou. As Pontes buscou a vitoria pero as mellores ocasións foron da Sd. Félix rematou de cabeza e sacou un defensa baixo paos, e un remate de Fabián só foise fora. Xusta igualada nun bonito partido.

Alexandre marcou o tanto do empate