Ribadeo F.C. 4 vs S.D. Sofán 0

RIBADEO: Hugo (Dani Prieto 76´), Rafa, Juanma, Pablo Rivas, Marcos Peña, Santi (Aitor 67´), Vicence, Miguel Gomes (Jacob 51´), Poratti, Iván e Chriss (David Rodríguez 61´)

SD SOFÁN: David Pena, Iván Rey, Sito, Félix, Pablo, Jonathan, Eibe (Matías 61´), Quintela, Alexandre (Sera 55´), Luís (Adrián 64´) (Padín 65´) e Raúl

GOLES: 1-0 14´Santi   2-0 50´Vicente   3-0 54´Chisss   4-0 75´Aitor

Demasiadas dificultades coas que tivo que loitar a SD en Ribadeo. Cinco titulares de baixa, unha actuación arbitral no primeiro tempo lamentable e as desgracias das lesións unha vez mais. Alexandre e Adrián caeron na batalla e súmanse á interminable lista da enfermería sofanista.

O encontro estivo condicionado polo penalti sinalado polo colexiado ó cuarto de hora. Unhas mans involuntarias de Sito, que o arbitro así apreciou, pero non o línea, que foi o que decidiu a suposta voluntariedade da xogada, ante o asombro e todos. O partido no primeiro tempo foi dominado pola SD, que tivo as mellores ocasións nun disparo de Quintela alto, un córner ó que non chegou Félix na boca de gol e unha falta ó borde da area que Alexandre enviou rozando o pao. Escamotearonse duas penas máximas á SD neste acto, un por agarrón a Raúl e outra falta que o colexiado saca un metro fora da area cando foi claramente dentro.

Xa foi demasiado remar e a lesión de Alexandre, despois dunha entrada salvaxe do central do Ribadeo, e os dous goles en 5 minutos acabaron de afundir a SD. Para colmo de males lesionouse Adrián no xeonllo ó minuto de entrar no campo. Día para olvidar en Ribadeo.