DUMBRÍA C.F. 1 vs S.D. SOFÁN 2

DUMBRÍA C.F.: Iván Bouzón, David Carreira (Brais 69´), Mataso (José 83´), Julito, Iago, Aarón, Mackay, Rivi, Raúl, Cachadiña (Edu 63´) e Yuyo

S.D.SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Rubén (Sera 55´), Sito, Canedo, Eibe, Luis (Quintela 75´), Alexandre, Juan de Dora (Juanjo 83´) e Raúl

GOLES: 1-0 3´Yuyo   1-1 35´Raúl de pti   1-2 59´Jacobo Eibe

Todos os ingredientes tivo o derbi: emoción, bo fútbol, ambiente nas gradas e polémica. De inicio, golazo de Yuyo. A saída en tromba clásica do Dumbría doulle vantaxe ó equipo local nun gran disparo do camariñán. O Sofán refíxose e dominou o encontro dende entón. Juan de Dora e Raúl tiveron boas ocasións. Reclamouse penalti a Raúl, pero o colexiado pitou outro moito menos claro a Rubén. Raúl igualou o encontro. Antes do descanso Rumbo despexou un perigoso disparo de Yuyo.

Na saída dos vestiarios adiantouse o Sofán. Un gran disparo de falta de Eibe entrou pola escadra da meta de Bouzón. O Dumbría volcouse, e cando xoga o seu mellor fútbol é un equipo moi perigoso. Cada balón parado era un pesadelo para o Sofán. Aínda así Alexandre puido sentenciar por partida doble en mans a man ante Bouzón, pero o meta estivo moi fino. Aarón tivo un remate de cabeza clarísimo, e anulouse un gol ó Dumbría por falta previa a un defensa. Un disparo de Iago que rozou o pao e varios córners rozaron o empate para o conxunto local, pero a SD aguantou e levouse tres importantes puntos.