UD Paiosaco 3 vs SD Sofán 0

UD PAIOSACO: Rama, Sergio, Popi, Zalo, Ventola (Pablo 46´), Javi Fuentes, Bilal (Manjarín 68´), Josiño, Chicho (Bam Bam 57´), Diego Lois e Juanma (Iván Amor 61´)

S.D. SOFAN: Javi Rumbo, Iván Rey, Sito, Sera, Rubén (Matías 16´), Pablo, Canedo (Eibe 51´), Jonathan, Alexandre, Quintela (Luis 67´) e Juan de Dora (Raúl 67´)

GOLES: 1-0 56´Bilal de espléndido dereitazo dende fora da area   2-0 72´Iván Amor define ante Rumbo   3-0 76´Josiño de disparo cruzado

Clara derrota da SD nunha desafortunada tarde na que saímos con 2 lesionados máis, Rubén cun aparatoso golpe na cara que asustou a todo o mundo, e Canedo cun esguince de nocello.  O partido foi moi espeso no primeiro tempo, cos equipos gardando a súa portería e sen apenas ocasións. Alexandre disparou alto na mellor dos visitantes. Rubén, nun choque con Juanma tivo que sair do campo sangrando abundantemente. Rumbo estivo ben ante Chicho e Juanma disparou cruzado nas dúas ocasións locais antes do descanso. No segundo tempo a saída de Pablo desnivelou o encontro. O carrileiro zurdo fixo o que quixo pola súa banda. Bilal adiantou ós locais e a SD descompúxose, sin poder recompoñerse á saída de Canedo tamén por lesión. A profundidade de banquiño do Paiosaco fixo o resto.