S.D.Sofán 1 vs Viveiro C.F. 2

S.D.SOFÁN: David Pena, Sera (Adrián 82´), Pablo Domínguez, Sito, Juanjo, Jonathan, Eibe, Matías (Raúl 65´), Alexandre, Luis e Quintela.

VIVEIRO C.F: Brais, Julio Camba, Joel, Alberto, Jon, Kaue (Pelayo 46´), Alex Meitín (Erikson 60´), Xaime, Arturo (Sergio 85´), Alex Paz (Xesús 81´) e Xenxo

GOLES: 0-1 24´Contragolpe visitante no que Meitín se planta ante David e bateo cunha vaselina   1-1 67´Tremendo disparo de Jacobo Eibe dende 35 metros que se cola pola escadra   1-2 80´Jon á saída dun córner

Pablo Domínguez estivo a bo nivel pola súa banda, coma sempre

Vaia partido se lle escapou á Sd nas Eiroas. Foi superior ó Viveiro, sobre todo no segundo tempo, pero marrou demasiadas ocasións e pagouno caro. No primeiro tempo Luis no 12´ e Alexandre no 16´ plantáronse ante Brais pero non foron quen de anotar. Nunha rápida transición adiantouse o Viveiro. No 30´ veu a xogada polémica do partido: un claro agarrón a Alexandre dentro da area non foi sinalado ante a desesperación da grada.

O segundo tempo foi da SD. Brais fixo un paradón a remate de Quintela no 54´. Luis disparou fora no 58´. Eibe igualou con un golazo, e tivo o segundo Sera nun remate en plancha a porta valeira no 73´. Acosaba o cadro de Cancela, pero nun córner en contra adiantouse o Viveiro. A Sd lanzouse á desesperada pero non foi que de igualar.

Alexandre foi obxeto de un claro penalti