S.D.Sofán 1 vs Betanzos C.F. 2

S.D.SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Sera, Sito (Juanjo 84´), Canedo, Eibe (Jonathan 68´), Fabián (Matías 21´), Juan de Dora, Alexandre e Quintela

BETANZOS: Miguez, Dani, Borja Señarís, Pipo, Carneiro, Christian, Andrés Otero (Miguel 84´), Mon, Jesús Sayes (Taín 85´), Martín (Sergio 54´) e Artai (Nico 54´)

GOLES: 0-1 19´Contragolpe do Betanzos, o balón chega a Artai en banda esquerda, recorta hacia adentro e lanza un chupinazo que entra pola escadra   1-1 22´Penalti a Quintela que transforma Eibe   1-2 83´Corner que se lle escapa a Rumbo e Borja Señarís moi atento marca

Á SD escapouselle o partido nun córner

Vaia partido se lle escapou onte á SD. Os de Cancela perdoaron e pagárono nun erro nun córner faltando pouco para o final. Saiu mellor o Betanzos, dominando e creando perigo, e adiantouse nunha gran xogada de Artai. Reaccionou a SD, e pediuse penalti por claro empuxón a Juan de Dora. Pouco despois un derrubo a Quintela si que o viu o arbitro e Eibe igualou a contienda. Tivo o segundo Juan de Dora nun claro man a man pero Miguez fixo un paradón e evitou o tanto.

O segundo tempo foi de dominio local pero sen definición na area. A ocasión mais clara foi un man a man de Quintela pero outra vez o porteiro do Betanzos estivo sensacional. O colexiado comiuse outro penalti a Alexandre. O ataque da SD foi infructuoso e nun erro á saida dun corner o Betanzos atopouse cunha vitoria coa que non contaba.

Juan non marcou esta vez, pero peleou como en el é habitual