S.D.Sofán 1 – S.C.D. Residencia 1

S.D.SOFAN: Rumbo, Iván Rey, Pablo, Sera (Rubén 61´), Félix, Jonathan, Canedo, Alexandre (Matías 79´), Raúl (Quintela 61´), Fabián (Eibe 71´) e Juan de Dora

SCD RESIDENCIA: Diego, Isaías, Nando (Raposo 70´), Adrián (Taboas 70´), Borja Álvarez, Yeray (Elías 83´), Corral, Mauro, Edgar, Longarela (Alex 61´) e Dani Galán

GOLES: 1-0 41´JUAN DE DORA rouba un balón ó central, encara a Diego e bateo na súa saída   1-1 59´Dani Galán de riguroso penalti

Jonathan foi expulsado ós 65´

Escapáronselle dous puntos á SD que ben puideron ser tres, despois de ter que xogar media hora con 10 homes tras a expulsión de Jonathan por dobre cartón.  A SD dominou o primeiro tempo con autoridade, aínda que con poucos disparos a porta. Tivo Alexandre un bo disparo dende fora da area no 31´, e Félix enviou alto un córner no 40´. Pouco despois veu o gol de Juan, que aínda tivo outra ocasión antes do descanso.

No segundo tempo cambiou todo. Un rigurosísimo penalti doulle o empate ó Residencia, e a expulsión de Jonathan fixo que a SD tivera que correr o indecible para levarse un punto. Rumbo fixo un paradón a disparo de Corral, e Dani Galán estrelou un disparo no longueiro ós 84´. A SD tivo as súas, sobre todo un remate de cabeza de Canedo que detivo Diego. Ó final igualada e xusto reparto de puntos.

Juan volveu a anotar un tanto no man a man co porteiro visitante