S.D.Dubra 1 vs S.D. Sofán 1

DUBRA: Coutiño, Leites (Iván Facal 46´), Diego Gesto, Brais, Borja Collar (Villaverde 74´), Juan Caneda, Mariño, Tarrío (Pablo Baleato 67´), Adrián Vázquez (Rubén Márquez 57´), Moto e Gonzalo

S.D.SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Rubén (Sito 66´), Sera, Canedo, Jacobo Eibe (Matías 73´), Fabián, Juan de Dora (Juanjo 89´), Alexandre e Raúl (Quintela 27´)

GOLES: 1-0 5´Gonzalo nun barullo á saída dun córner   1-1 40´Alexandre de gran disparo dende fora da area.

Coutiño etivo moi acetado na meta do Dubra

Moi bo partido da SD en Bembibre, que non se traduciu en vitoria polos minutos iniciais de despiste. O Dubra saíu mandón, creou un par de ocasións nos primeiros minutos e adiantouse á saída dun córner no 5´. A SD tomou o mando do partido con personalidade e fíxose co balón de maneira clara, aínda que o plantexamento de cinco defensas dos de Baleato impedía ocasións claras de gol. Retirouse Raúl á media hora tras un choque nun córner. A saída de Quintela doulle dinamismo ó ataque, e nun tremendo disparo dende lonxe igualou Alexandre.

O segundo tempo seguiu pola mesma liña, cunha SD cercando a meta de Coutiño, que tivo dificultades para deter un centro envenenado, que batiu no pao e se paseou pola liña de gol. Un bo disparo de Juan de Dora tivoo que deter o meta local. O último cuarto de hora foi do Dubra. Iván Facal estrelou un lanzamento no pao, e Mariño lanzou unha falta con perigo que detivo Rumbo. Igualada final nun encontro de alto nivel.

Jacobo Eibe mostrou a súa calidade no centro do campo