S.D.Sofán 2 vs Estudiantil 2

S.D.SOFÁN: David Pena, Iván Rey, Pablo Domínguez, Félix, Rubén (Sito 62´), Canedo, Eibe (Jonathan 57´), Fabián, Matías (Sera 52´), Alexandre (Raúl 66´) e Juan de Dora.

ESTUDIANTIL: José, Jacobo, Carlos (Alfonso 80´), Peña, Carabán, Mateo, Brais Calvo, Colón (Iago 86´), Alberto, Bruno (Fer 91´) e Roi Peiteado (Chapela 60´)

GOLES: 1-0 7´Saque de banda a favor dos visitantes, que sacan hacia o centro, Peña intenta despexar, e o balón bate na cara de Fabián e cólase na meta   1-1 19´Brais Calvo de disparo axustado   1-2 30´Carlos á saída dun córner   2-2 48´Juan de Dora no man a man

Alexandre debutou nas filas da SD. FOTOS DAVID CASTRO.

Moita xente nas Eiroas, case 300 espectadores, presenciaron un encontro de poder a poder. O Estudiantil xogou un gran partido e o seu medio Brais Calvo dou un recital de fútbol ofensivo. De inicio un erro tremendo na zaga visitante axudou á Sd a adiantarse no marcador. Brais igualou nun remate ó borde da area. Un remate de Juan de Dora saiu fora por pouco, pero foi David Pena o que fixo un paradón a remate a boca de xerro de Roi Peiteado. Na seguinte xogada adiantouse o equipo visitante, que estaba dominando o partido con claridade. Jacobo tivo o terceiro pero Pablo evitou que o seu remate entrara.

Na primeira xogada da reanudación Juan de Dora aproveitou un balón en profundidade de Eibe para igualar o encontro. Primeiro Carabán, e despois Brais Calvo nun gran disparo que atopou resposta nun paradón de David Pena, tiveron a vitoria para o equipo visitante. Coa saída de Raúl a Sd buscou centros laterais e por duas ocasións o dianteiro estivo a piques de anotar, pero o empate final é acorde ós méritos dos equipos.