S.D.Sofán 2 vs Boimorto C.F. 0

S.D.SOFAN – Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Rubén, Félix, Canedo, Eibe (Jonathan 64´), Fabián (Juanjo 87´), Juan de Dora (Quintela 64´), Luis e Matías (Sera 75´).

BOIMORTO – Manu, Corral (Neto 46´), Luis, Joseba, Costoya, Nacho, Luisma (Pose 80´), Figu (Sergi Monterroso 37´), Sergio, Julito e Andrés Pardo.

GOLES: 1-0 20´Fabián   2-0 25´Fabián

Que gran primeira media hora fixo a SD hoxe nas Eiroas, que lle valiu para sentenciar pronto o encontro. Dende o inicio levou o peso do partido, buscando a portería rival cun fútbol de alta escuela. Tivo Félix unha clarísima ocasión nunha estratexia, e Juan de Dora rematou fora pouco despois. En 5 minutos Fabián con duas xogadas colectivas para enmarcar acabou co partido. Estirouse o Boimorto cun remate de cabeza de Andrés Pardo que batiu en Félix e foise fora por pouco.

No segundo acto cambiou de sistema de xogo o equipo visitante buscando a profundidade pero ainda que logrou meter o encontro nun fútbol mais directo e de loita, apenas creou perigo na meta de Rumbo. O porteiro local so interviú facendo unha gran parada a disparo de Neto. As contras da SD, ainda que escasas foron bastante perigosas, e Fabián ainda puido anotar outro tanto pero o seu remate coa zurda foise alto.

Fabián anotou os dous tantos.