Outeiro de Rei 0 vs S.D.Sofán 1

OUTEIRO: Diego, Johnny (Aaron 75´), Xoel, Alex (Iago 81´), Trigo, Cholas, Jorge Pereiro, Quique, Jesu Yebra (Redondo 55´), Diego López, Adrián Vizoso (Martín 75´).

S.D. SOFAN: Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Rubén, Félix, Canedo, Eibe (Jonathan 79´), Luis (Seo 85´), Fabián (Sera 75´), Juan de Dora e Raúl (Matías 57´).

GOL: 0-1 67´Luis de penalti claro cometido sobre Pablo Domínguez.

Canedo estivo no seu nivel habitual. Raúl debutou no torneo ligueiro e mandou un balón ó longueiro.

Tirou de pragmatismo a SD para levarse os puntos de Outeiro no partido adiantado da xornada de Preferente Norte. A SD defendeu ben a súa meta, non pasou apenas por apuros, e cando tivo a mínima ocasión, anotou o seu tanto e levouse o partido.

O abafante calor condicionou o xogo, moi táctico e lento por momentos. Raúl debutou na liga despois da súa lesión e foi como sempre o home referencia do ataque sofanista. Tivo Luis a primeira ocasión ós 12´, pero o seu forte disparo atallouno ben Diego. Respostou de inmediato o Outeiro cun remate a boca de xerro de Yebra pero Rumbo fixo un paradón cheo de reflexos. Rubén á saida dun corner, e Juan de Dora nun disparo escorado tiveron as opcións visitantes. Ata o descanso moito centrocampismo e pouca claridade nas areas.

No segundo tempo o fútbol control seguía sendo a tónica. Raúl rematou un corner ó longueiro, e a igualdade reinaba ata que un pase de Luis a Pablo acabou co lateral no chan dentro da area. Penalti claro e gol de Luis. O Outeiro viuse presionado entón, vislumbrando cerca a derrota, e atacou sen complexos. Anulóuselle un gol a Vizoso por claro fora de xogo, e reclamaron penalti os locais por mans de Canedo, pero o colexiado intuíuna voluntaria.  Juan de Dora tivo a sentencia nun man a man pero o meta local fixo unha gran parada. A SD aguantou o chaparrón e logrou a segunda vitoria como visitante.

Iván Rey, na súa liña de regularidade, primeiro de lateral e despois de interior