Lugo B 3 vs S.D.Sofán 0

LUGO B: Cacharrón, Asier (Mora 74´), Pablo Rey, Pedro (Mariña 54´), Rivas, Manu, Coki (Denís 63´), Luis Díaz, Cuadrado, Javi Rey (Dani Renda 69´) e Escriche.

S.D.SOFÁN: Javi Rumbo, Sera, Pablo Domínguez, Rubén (Sito 56´), Félix (Juanjo 60´), Jonathan, Eibe, Fabián (Matías 56´), Quintela, Alexandre e Juan de Dora (Raul 56´).

GOLES: 1-0 18´Escriche de disparo cruzado no punto de penalti   2-0 24´Cuadrado remata á escadra un centro de Asier   3-0 53´Cuadrado aproveita un erro no despexe da defensa da SD.

A SD pelexou infructuosamente ante un dos mellores equipos da categoría

Caeu a SD na agra do Ceao, un 105 x 70 ó que non se dou adaptado o cadro de Iván Cancela. O Lugo saiu decidido a sentenciar pola vía rápida e conqueriuno nas duas primeiras chegadas que tivo, con dous golazos de Escriche e o tanque Cuadrado, máximo goleador da categoría. A SD reaccionou no último cuarto de hora do primeiro tempo, e tivo unha boa opción nas botas de Jonathan.

No segundo tempo o Lugo sentenciou rápido o partido, e ambos equipos baixaron o ritmo. Tivo a SD as súas mellores ocasións neste tempo nas botas de Alexandre e Matías, pero tamén Javi Rumbo fixo tres paradóns, un deles detendo un penalti a Cuadrado, para deixar o marcador en 3-0.

Jonathan estivo incansable no centro do campo