At. Arteixo 0 vs S.D. Sofán 2

AT. ARTEIXO – Alex López, Montes, Chiqui (Manjarín 74´), Gabi, David Castro (Vituco 83´), Mauro (Nano 59´), Dapo, Naya (Geri 59´), Otero, Porto e Dani Bea.

S.D. SOFÁN – Javi Rumbo, Sera, Pablo Domínguez, Rubén, Félix, Canedo, Eibe (Jonnatham 71´), Fabián (Nacho Moreno 89´), Luis (Quintela 51´), Matías e Juan de Dora(Juanjo 89´)

GOLES: 0-1 57´RUBEN á saída dun corner   0-2 88´Jonnathan de fortísimo disparo dende fora da area.

Canedo e Mauro tiveron un bonito duelo

Gran vitoria da Sd no Ponte dos Brozos ante o necesitado equipo local. Primeiro tempo de tanteo e pouco risco por ambos equipos, que eran conscientes de que un erro se pagaría caro. Apenas ocasións nos primeiros 45 minutos. Unha internada de Juan de Dora, moi bullicioso como sempre, sacouna Alex López. A ocasión mais clara local foi un remate de Dapo á saida dun corner no 41´que Rumbo desviou en gran intervención.

No segundo tempo desencadenáronse os feitos. Nada mais voltar dos vestiarios anúlaselle un gol a Dani Bea por fora de xogo. Nun corner adiantase a SD, e a partir de ahí puido matar o partido ás contras, pero nin Quintela nin Fabián nin Juan de Dora estiveron acertados en mans a man contra Alex Lopez. Faltando 15 minutos anúlaselle outro gol ó Arteixo por novo fora de xogo, este moi protestado. Matías estrelou un balón no longueiro antes do gol da sentencia de Jonnathan.