S.D.Sofán 2 vs Xallas C.F. 1

Vaia golazo se sacou da manga Luis no minuto 90 dun discreto derbi, para darlle a victoria á SD sobre a hora. O 10 sofanista enganchou unha volea dende 25 metros que se colou pola escadra da portería de Julián, ante o delirio do graderío, que xa se contentaba coa igualada. Mais de 300 persoas viron nas Eiroas un derbi de baixo ritmo e poucas ocasións, pero disfrutaron da guinda do pastel, un gol espectacular.

S.D.SOFAN – Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Félix, Rubén, Canedo (Sera 91´), Jonathan, Fabián (Matias 78´), Luis, Quintela e Juan de Dora (Sito 84´).

XALLAS C.F. – Julián, Puyi, Cristian, Pablo Vigo, Becerra, Alex Canedo, Fernando Amable, Julián, Kevin (Marquiños 85´), Abel (Camilo 58´) e Alex Blanco (Doro 52´).

GOLES – 0-1 70´ Julián dispara dende o borde da area, rebota nun defensa e cólaselle a un pouco acertado Rumbo   1-1 76´Rexeite dunha estratexia, Luis centra ó segundo pao e Félix entrando libre de marca cabecea á rede   2-1 90´Balón rexeitado de corner hacia o centro do campo, e Luis sin deixala caer engancha unha tremenda volea que se mete na escadra visitante.

O primeiro tempo foi intensísimo en canto a disputa pero discreto de fútbol. A SD tentou levar o peso do encontro ante un Xallas que buscaba un xogo mais directo. As ocasións foron escasas. Iván Rey meteu un bo centro ó que non chegou Juan de Dora. A resposta do Xallas foi un remate de Alex Blanco alto. A pouco do descanso as duas mellores ocasións: Julián rexeitou un durísimo disparo de Juan de Dora, e Alex Blanco rematou alto de cabeza so no segundo pao. Igualdade a todo ó descanso.

O segundo tempo foi algo mais aberto pero de ritmo ainda mais baixo. Tivo Jonnathan unha boa ocasión nunha falta que bateu no longueiro. A entrada de Doro doulle mais empaque ó Xallas, que dominou este periodo de xogo. Rumbo detivo un disparo lonxano de Kevin, e Julián fixo o propio cunha gran intervención a disparo de Luis. Co sorprendente 0-1 parecía que o encontro ia rematar como o ano pasado. Pero a SD reaccionou pronto, e Félix igualou 5 minutos despois. Ata o final houbo opcións para os dous equipos, como un disparo cruzado de Camilo e outra boa ocasión de Canedo, pero foi Luis a piques de rematar o encontro o que nos regalou un gol para recordar e tres puntos cos que non se contaban.