S.D.Sofán 2 vs Ordenes C.F. 2

S.D.SOFAN – David Pena, Iván Rey, Pablo Domínguez, Félix, Rubén (Sera 55´), Canedo, Fabián, Jacobo Eibe (Seo 79´), Luis, Matías (Rojo 75´) e Juan de Dora (Quintela 69´).

ORDENES – Borja, Lucas, Richi (Ander 63´), Anxo, Moure, Angel (Victor Hervés 68´), Alvaro (Munín 46´), Aguado, Íñigo Blix, Chiño e Johnny.

GOLES: 0-1 24´Aguado remata un pase en profundidade de Chiño   1-1 29´Luis de penalti   2-1 32´Juan de Dora recibe de Fabián en profundidade e bate a Borja   2-2 89´Moure de penalti

Que pena de puntos os que se escaparon das Eiroas no último minuto. A SD xogou un gran partido pero non puido co acoso do Ordenes nos últimos 20 minutos, nin cun colexiado que se comeu un claro penalti a Matías no primeiro tempo pero si que viu o do último minuto, que ninguén mais apreciou.

Igualdade foi a tónica ata o gol de Aguado. Os dous equipos coñecíanse ben e tapaban as virtudes do rival. Co marcador en contra a SD xogou os mellores minutos da liga, remontou rápidamente, e puido ampliar a conta en remates de Fabián e Juan de Dora. No segundo tempo tivo Fabián a sentencia nun remate alto no punto de penalti, e Borja fixo unha gran parada a cabezazo de Félix. O longueiro repeliu un cabezazo de Moure na mellor ocasión visitante no 79´, e na xogada final, nunha falta lateral, un suposto agarrón de Seo a Munín permitiu ós visitantes levarse un punto co que xa non contaban.,