C.D.Castro 3 vs S.D. Sofán 2

Rubén e Sito ó ataque nun corner

Non mereceu a derrota a SD hoxe pola mañá en Castro. Foi moi superior no primeiro tempo, e cando o Castro meteu unha marcha mais atopouse cunha axudiña do colexiado, que permitiu a agresividade raiando a violencia dos locais, non sancionou un claro plantillazo dentro da area a Quintela, e perdoou a expulsión a Igor nunha clara agresión sin balón. Para colmo de males o gol da victoria local chega no tempo de desconto.

C.D.Castro – Yebra, Fernando (Alberto 77´), Dumi (Igor 46´), Ruchi, Pedro Díaz, Nuñez, Edrosa (Álvaro 58´), Buide (Javi Fraga 53´), Ivan Glez., Omar e Javichu.

S.D.Sofán – Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Sito (Eibe 81´), Rubén, Canedo, Jonathan (Seo 73´), Fabián (Matias 84´), Luis, Juan de Dora (Rojo 70´) e Quintela.

GOLES: 0-1 19´Centro de Luis que Dora remata á escadra  1-1 28´Buide á saida dun corner   1-2 30´Fernando en propia meta   2-2 71´Igor á saida dun corner   3-2 90´Núñez nunha contra cruzando ante Rumbo.

Xogou un gran primeiro tempo a SD. Dende o principio se viu que os de Cancela ían a polo partido. Tras unha clarísima ocasión de Fabián, que golpeou ó aire cando estaba so ante Yebra, chegou o golazo de Juan de Dora. O Castro xogou moi directo neste tempo, e nun corner igualou Buide, pero no seguinte corner púxose a SD por diante con un gol en propia porta. Aínda Juan de Dora e Luis puideron incrementar a vantaxe antes do descanso.

Juan de Dora volveu a marcar

O Castro aumentou a intensidade no segundo tempo coa permisividade arbitral. A SD cansouse de recibir patadas, case sempre ignoradas polo colexiado. Un gran pase de Fabián a Luis no 55´e o centro deste a Quintela puideron ser a sentencia, pero o dianteiro rematou alto. Igualou o Castro á saída doutro corner, e tivo que aparecer Javi Rumbo para sacar dúas boas mans a remates de Omar. Eibe lanzou unha falta que sacou Yebra, e cando todo apuntaba a empate polémica incluída, nunha contra o Castro levaríase unha inmerecida victoria ante a desesperación dos sofanistas.