As Pontes 4 vs S.D.Sofán 0

Ten fácil resumo o encontro de hoxe no Poboado: As Pontes aproveitou dous balóns parados en cinco minutos de pájara da SD e a partir de ahí dedicouse a sestear. Fin.

Os feitos foron cristalinos: primeiro corner, erro de marca e gol de Rego. Seguinte xogada, falta ó borde da area, lanza Bossa, bate o balón na barreira e novo gol. A partir de ese intre, a preparación de partido da SD veuse abaixo. Tentaron remar os de Cancela pero fíxose moi difícil crear perigo a un gran equipo, que non tiña problemas en manter o balón con solvencia. Adrián fixo o terceiro nunha parede con Eloy, e ó descanso todo estaba feito.

A SD estivo mellor cos cambios no segundo tempo. As Pontes baixou o ritmo, e a SD tivo as súas opcións, incluso Quintela foi obxeto dun penalti non sinalado. Ainda así, solo serían tarefas de maquillaxe pois a victoria local foi moi xusta.

AS PONTES: Paco, Sergio, Cabarcos, Rego, Dani Fdez., Rober, Bossa, Fidi (Quique 71´), Pablo Ramos (Chis 59´), Adrian (Rubén Pardo 73´) e Eloy (Carballeira 87´).

S.D.SOFÁN: Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez,  Félix, Rubén (Sito 59´), Canedo, Jonnathan (Eibe 46´), Luis, Fabián (Matias 46´), Juan de Dora (Rojo 46´) e Quintela.

GOLES: 1-0 4´Rego á saida dun corner   2-0 5´Bossa de falta   3-0 29´Adrian tras pared con Eloy   4-0 89´Rubén Pardo tras unha falta.