S.D.Sofán 1 vs San Tirso 0

Sufriu moitísimo a SD para sacar adiante o primeiro encontro ligueiro nas Eiroas, ante un debutante SAn Tirso que dou moi boa medida das súas posibilidades, rondou o gol en varias ocasións pero non foi quen de marcar, e si que o foi o goleador de Louro Juan de Dora, que na única que tivo en todo o partido escartou o balón na rede. Mais de 200 sofanistas nas Eiroas, que disfrutaron da victoria e da tormenta de raios e tronos que inundaba o ceo carballés.

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Sito, Pablo Domínguez (Matias 68´), Rubén, Félix, Jonnathan (Seo 81´), Fabián (Eibe 86), Iván Rey, Luis (Rojo 77´), Quintela e Juan de Dora.

SAN TIRSO: David, Caamaño, Damián, Isaac, Manu, Oscar (Jorge 76´), Juan Carlos, Álvaro, Fran González (Xian 76´), Iago Miño e Fran Ares (Bimba 65´).

GOL: 1-0 66´Balón parado lateral que colga Luis, producese un rexeite e a pelota caelle a Juan de Dora no punto de penalti, controla e remata con violencia ó fondo da rede.

Non se atopou cómodo a SD en ningún momento no primeiro tempo. Ainda asi, un centro de Luis non o rematou Juan de Dora na boca de gol por pouco. Respostou no 16´Iago Miño nun remate cruzado ante Rumbo. O San Tirso controlaba o partido, buscando as contras de Iago e sobre todo Alvaro, un puñal por banda dereita. Ainda así a Sd tivo as súas opcións nun remate de Ruben nunha estratexia, e nun disparo de Quintela que atallou David.

O segundo tempo empezou con mais do mesmo. Iago rematou fora en clara posición, e Rumbo fixo unha gran parada a remate de Fran. Pero cando peor pintaba para a SD, chegou o gol da victoria. A partir de ahí, repliegue e contragolpe, armas moi apreciadas polos sofanistas, que se atoparon mais cómodos. Ainda así, a mellor ocasión foi dos visitantes, nun remate de Álvaro co tempo cumprido ó pao.