COPA DIPUTACIÓN: S.D.Sofán 0 vs Bergantiños C.F. 3

Impúxose a lóxica nas Eiroas e o Bergantiños eliminou á SD da Copa Diputación. Moita xente no graderío que disfrutou dun partido moi deportivo.

De inicio Ruben Rivera buscou o gol con ahinco, e mandou un balón ó pao. O gol de Rodri serenou ó Bergantiños, que dominou a situación con solvencia. A SD buscaba as contras, especialmente co bullicioso Juan De Dora, pero sin chegar con demasiado perigo á meta de Bugy. Luciuse Rumbo nun par de ocasións antes do descanso para irse ós vestiarios coa cousa igualada.

Pero nada mais sair do lecer, Rivera anotou de cabeza e sentenciou o choque. A partir de ahí o Bergantiños baixou o pistón e a SD tivo mais o balón, aproximándose á meta de Bugy. Eibe e Luis ensaiaron o disparo pero sen facer demasiado dano.

Foi unha boa proba para a SD, contra un rival que seguro aspirará ó título de terceira. As notas negativas, as lesións de Jonnathan e Ruben.

FICHA TÉCNICA:

S.D. SOFÁN – Javi Rumbo, Iván Rey, Sito, Rubén (Seo 60´), Pablo Domínguez, Canedo, Jonathan (Eibe 13´), Matias (Rojo 58´), Luis, Juan de Dora e Raul (Quintela 58´).

BERGANTIÑOS C.F. – Bugy, Borja Facal, Aaron, Iago Lopez (Garea 83´), Roberto Prieto (Nacho 58´), Toni, Baleato, Jorge Saez (IAgo Garrido 64´), Iago Blanco (Granada 58´), Rodri e Rubén Rivera (Botana 78´).

GOLES: 0-1 16´RODRI bate a Rumbo case sen ángulo   0-2 48´Rivera remata un centro de Borja   0-3 76´Rivera de vaselina