COPA DIPUTACIÓN: Fisterra 0 vs S.D. Sofán 2

Pasou a oitavos de final da Copa Diputación a Sd, nun clásico partido costeiro no Ara Solis, ante uns 200 espectadores. Adiantaronse pronto, pero non souberon rematar a faena, e no segundo tempo sufriron ante o talento dos xóvenes fisterráns.

A Sd tentou resolver pronto a papeleta. Joselu respostou cunha boa parada a disparo de Luis. No conseguinte corner Sito adiantou ós visitantes. O encontro puido quedar sentenciado nun extraordinario disparo de Jacobo Eibe, que tras tocar no longueiro entrou claramente na meta local, pero o colexiado non dou o gol de maneira incomprensible. Raul noutra gran xogada mandou o balón a rentes do pao, e Quintela a porta valeira tras xogada de Luis, non foi quen de sentenciar.

E o previsible ocorreu:o Fisterra sacou o orgullo costeiro e tivo duas boas ocasións para igualar o partido. David Pena respostou a remate local, e os talentosos Isaac e Ezequiel, xuvenis de primeiro ano, rondaron o gol en varias ocasións. Pero nunha boa xogada de Matias, Raul enganchou un rexeite e clavou o balón na escadra para sentenciar o encontro e dar o pase á SD.

FICHA TÉCNICA:

FISTERRA: Joselu (Paulo 46´), Fabián, Breixo, Robertín, Piti, Roa, Tati, Dani Rubia, Isaac (Ezequiel 62´), David e Pablo Lestón (Dani 46´).

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo (David Pena 46´), Sito, Pablo Domínguez, Rubén, Canedo, Jonathan (Sera 76´), Fabian (Matias 46´), Eibe (Seo 64´), Quintela (Rojo 75´), Luis e Raul.

GOLES: 0-1 2´SITO á saida dun corner   0-2 74´Xogada de Matias, que encara a Paulo, regateao, o porteiro rexeita o disparo, pero o balón caelle a Raul que engancha unha imparable volea.