S.D. Sofán 1 vs Noia 1

Na tarde de onte o Carral engalanouse para despedir unha época, a mais exitosa do clube, e dar a benvida a outra, a do Novo Carral, a do fútbol base. Artífices dos mellores anos do clube anunciaron a súa despedida: os misters Josito e Pirucho, e o central Felix, e o Carral, ese ente etereo e cada día mais vivo, aplaudiu a rabiar como se quixera parar o tempo, ós seus xa ídolos do pasado.

O ambiente de onte era o dos anos 80 no fútbol costeiro. Case 500 persoas no campo, todo o fútbol base vestindo con orgullo a camiseta da Sd e ollando un auténtico partidazo: o campión Noia, que demostrou o porque do título, e o mataxigantes Sofán, que onte deixou atisbar as súas posibilidades reais, de non mediar a relaxación ante equipos da zona baixa. Bo fútbol, emoción, intensidade nunha atmósfera de despedida e esperanza de cara ó futuro. Josito quixo despedirse cunha homenaxe ó equipo que el colleu fai tres anos alineando un once onde dez xogadores xa estaban no debut en primeira autonómica. E os xogadores mostráronlle ás bases como se xoga ó fútbol na Sd. E como case sempre no Carral, golazo de Raul e ovación atronadora apagada polas bombas de palenque. As novas xeracións terán como referencia a este equipo, que en catro anos escribiu páxinas inolvidables para a Sd.

Cérrase un libro, e ábrese outro de inmediato. A Sd xa pensa no campo novo, nun novo proxecto en Preferente, e no fútbol base, onde mais de 150 nenos soñan con vestir algunha vez a camiseta vermella do primeiro equipo.

FICHA TÉCNICA:

S.D. SOFAN – David Pena, Sito, Felix – Felipe 76´-, Ruben, Adrian – Eibe 61´-, Iván Rey – Quintela 73´-, Raul, Luis, Iván Rojo – Figueiras 60´-, Seo e Brais – Fabian 55´-

NOIA – Manu Trillo, Carlos, Pablo Diaz – Sergio 34´-, Tachi, David Suarez, Manoliño, Villa, Alberto, Tino, Emilio e Xaco.

GOLES 1-0 57´Xaco   1-1 81´Raul