S.D. Sofán 1 vs At. Arteixo 4

By
Updated: Mayo 15, 2017

Un efectivo e necesitado Arteixo levouse os puntos do Carral. Gran tarde de fútbol, con moita xente nos graderíos, case 350 persoas, e homenaxe previa ó equipo prebenxamín da Sd, campión da competición de Costa Bergantiñá.

Saiu forte a Sd, con golazo de Alex Figueiras incluidos. Ó Arteixo parecía que lle pesaba a responsabilidade e non atopaba camiños para a meta de David. Pero en duas xogadas a balón parado, lanzadas pola zurda máxica de Pesco, déronlle a volta ó marcador. No segundo tempo a Sd tentouno, pero sin demasiado perigo. A ocasión mais clara foi unha falta lanzada por Eibe fora. Nos últimos minutos, en duas contras, Denis e Geri sentenciaron o encontro. Ainda puido o albanés anotar outro tanto, pero David sacou unha man prodixiosa.

FICHA TECNICA:

SD SOFAN – David, Sito, Ruben – Eibe 68´-, Sera, Rey, Seo – Rojo 56´-, Fabian – Felipe 73´-, Adrian – Brais 66´-, Figueiras – Mespollet 66´-, Raul e Luis.

AT. ARTEIXO – Jose, Aless, Pablo, Gabi, Mauro, Denis – Pupo 88´-, Chechu, Vituco – Geri 87´-, Pesco – Tomas 89´-, Otero – Ruben 65´- e Santi.

GOLES: 1-0 7´Figueiras 1-1 30´Pesco 1-2 32´Santi 1-3 85´Denis 1-4 89´Geri