Betanzos C.F. 2 vs S.D. Sofán 0

By
Updated: Mayo 7, 2017

Caeu derrotada a Sd no García Hermanos, nun encontro no que se viu quen se xogaba mais dende o primeiro intre. O primeiro tempo foi de dominio betanceiro, que puxo cerco á porta defendida por David Pena. O xoven gardameta tivo que responder con soberbias intervencións ante remates a bocaxarro de Prosi e Sergio, pero acabou sucumbindo nunha boa xogada por banda de Nico, un dos mellores dos locais, cuio pase da morte materializou Sergio, o ex do Bergantiños.

Saiu a Sd mais presionante no segundo tempo, e o certo é que conforme ian pasando os minutos, ós locais entroulles o medo. A pesar de xogar con 10 por expulsion de Quintela a Sd tivo as súas opcións. Anularonselle 2 tantos por rigurosos foras de xogo ós de Josito, un a Fabian e outro ó xuvenil Dourado. O local Álvaro non perdoou un man a man con David a pouco do final e sentenciou o encontro.

FICHA TÉCNICA:

BETANZOS – Angel, Charly, Prosi, Tain, DAmian, Manu Fraga, Martin, Cristian, Sergio, Nico e Pablo.

S.D. SOFAN – David Pena, Sito, Sera, Felix (Seo 46´), Ruben, FAbian, Eibe, Iván Rey, Brais (Alex Figueiras 46´), Quintela e Raul (Dourado 60´)

ARBITRO – Expulsou a Quintela

GOLES – 1-0 43´Sergio 2-0 85´Alvaro