Xallas C.F. 0 vs S.D. Sofán 3

By
Updated: Abril 23, 2017

FICHA TÉCNICA:

XALLAS C.F. – Julián, Cristian (Danis 80´), Rachón (Marcos 64´), Rubio, Brais, Canedo (Fran 80´), Amable, Camilo, Doro (Manu 85´), Kevin e Jesús.

S.D. SOFÁN – David Pena, Sito, Sera, Felix, Rubén, Fabián (Eibe 85´), Seo, Iván Rey (Franchu 80´), Iván Rojo (Figueiras 75´), Luis (Adrián 85´) e Quintela (Raul 85´).

ARBITRO: Varela Varela, que amonestou a Rachón, Brais, Amable e Marcos por parte local e a Sito e Fabián, por parte visitante.

GOLES: 0-1 25´Quintela 0-2 65´Rubén 0-3 71´Quintela

Gran victoria da Sd nun dificilísimo campo como é o de Santa Comba. O equipo de Josito montou un partido de contragolpe e as cousas sairon tal e como estaban planeadas. Quintela pronto puxo en perigo á defensa local: unha internada súa no 6´ rematouna Rojo alto, e no 13´foi o propio Quintela o que disparou fora. A mais clara ocasión da Sd foi no 20´, nun perfecto contragolpe levado por Fabián, que centrou hacia Quintela pero o dianteiro rematou a rentes do pao. Pero na seguinte non fallou e a SD adiantouse.

O Xallas estirouse ata o descanso, e empezou a ter ocasións. Unha boa internada de Kevin no 32´sacouna o meta David, que lle tivo que facer un paradón a Rubio no 43´, nun remate a boca de xerro. Chegouse ó descanso con victoria visitante mínima.

No inicio do segundo tempo, Rojo rematou frouxo un centro de Sito e acto seguido Canedo peinou unha falta pero David estivo moi seguro. O gol de Rubén nunha falta lateral e o posterior de Quintela sentenciaron o encontro. Tivo o Xallas unha doble ocasión moi clara nas botas de Jesús, e a pouco do final Julián tivo que deter un gran disparo de Adrian. Ata o final tempo plácido e boa victoria da SD.