S.D. Sofán 5 vs SP. Sada 0

Sofán: David; Sito (Adrián, min 65), Rubén (Dani Becerra, min 74), Félix (J. Eibe, min 66), Sera; Quintela, Seoane, Fabián, Luis (David Mespollet, min 619; Iván Rey y Raúl (Padín, min 74).

Sp. Sada: Carlos; Manuel, Darío, Quique, Rafiña (Martín, min 72); Barrio, Puyuelo, De la Torre, Chelo; Lucas y Pita.

Árbitro: David Jiménez Jiménez (Lugo).

Goles: 1-0, min 41: Luis; 2-0, min 43: Quintela; 3-0, min 60: Raúl; 4-0, min 69: Quintela, de penalti; 5-0, min 79: Sera.

Partido plácido para a Sd na tarde sabatina. Moita calor no Carral, e unha entrada duns 160 espectadores. Debutou como local o xuvenil Padín, que xa xogara uns minutos en Viveiro fai unhas semanas.

Costoulle á Sd abrir a lata, pero cando entrou, a goleada quedouse curta. No primeiro tempo, ata tres balóns ós paos, dous de Raul e un de Quintela, sembraron a desesperación na parroquia local. Incluso no minuto 32 Raul marrou un penalti, detido polo porteiro visitante en gran parada. Pero dous goles en dous minutos sentenciaron o encontro.

Puidose meter o Sada no partido nun disparo ó pao de Puyu nada mais iniciarse a segunda parte, pero foi un espellismo. A Sd foi moi superior, tivo infinidade de ocasións e incluso se lle anulou un tanto a Quintela.