S.D.Sofán 1 vs U.D.Paiosaco 0

By
Updated: Abril 30, 2017

Gran victoria da SD no derbi ante un dos mellores equipos da categoría, un Paiosaco que loita por meterse nos postos de ascenso. Moi boa entrada no Carral, con case 300 afeccionados, que presenciaron un bonito encontro, moi disputado, e onde os erros se penalizaron caros: gañou o equipo que non os cometeu.

A SD plantexou un partido de velocidade en ataque, con transicións rápidas que puxeron en moitos problemas á adiantada defensa visitante. Os primeiros avisos chegaron no 6´con un remate fora de Rojo e no 10´, no que Quintela rematou alto un bo centro de Raul. Desperezouse o Paiosaco nunha boa conducción de Michi Castro, que rematou duro pero o balón bateu en Felix. No 26´, libre indirecto dentro da area por cesión a Rama, pero o dianteiro local Raul mandou o balón á barreira. A mellor ocasión local partiu dun gran pase entre liñas de Luis ó que non chegou Quintela por pouco, cando estaba so diante de Rama, Sembrou o pánico Diego Lois nun par de faltas antes do descanso pero sin maior incidencia.

O segundo tempo viu a un Paiosaco mais volcado, cunha SD buscando descaradamente as contras. Así chegou a ocasión mais clara para os locais, nun forte disparo de Rojo que bateu no pao dun sorprendido Rama. E pouco despois o gol, nun erro na cesión de Diego Lois que Rojo aproveitou para regatear a Rama e anotar o primeiro e único tanto. Tivo a sentencia Quintela nunha contra, pero foi David Pena o que salvou os puntos cunha gran parada nunha falta ó borde da area botada con violencia por Iván Amor. A SD puxo o fecho ó partido e case que á tempada e levouse unha traballada victoria.

FICHA TÉCNICA:

S.D. SOFAN – David Pena, Iván Rey, Sera, Felix, Rubén, Seo, Franchu ( Eibe 81´), Luis, Rojo (Figueiras 71´), Quintela (Adrian 87´) e Raul (Brais 87´)

PAIOSACO U.D. – Rama, Manjarín, Iriso (Porti 81´), Sergio (Ventola 81´), Zalo, Pablo, Fuentes, Josiño (Tabu 69´), Lois (Bam Bam 69´), Iván Amor e Michi Castro.

ARBITRO: Mosquera Goce, que amonestou a Felix, Rey, Ruben, Rojo e Seo por parte local, e a Josiño e Javi Fuentes por parte visitante. Expulsou a Luis no minuto 89.

GOL: 1-0 66´Iván Rojo.