Viveiro C.F. 4 vs S.D. Sofán 0

By
Updated: Marzo 20, 2017

Merecida derrota da Sd no campo de Cantarrana. Os de Josito apenas dispararon 2 veces a portería, e foron un xoguete en mans dun Viveiro que goleou sen facer nada doutro mundo. A única nota positiva foi o debut do xuvenil Padín, que foi un dos mellores do encontro.

O primeiro tempo foi un monólogo local. A Sd apenas pasou do centro do campo. As ocasións foron caendo e era cuestión de tempo que chegaran os goles. SAcou David un man a man con Xenxo, e un remate de Enri foise fora. Contra a media hora os dous primeiros tantos sentenciaron o encontro. A Sd tomou o partido como se de un trofeo veraniego se tratase. No segundo acto houbo un atisbo de reacción pero foi un espellismo. Un disparo de Rojo e un man  a man de Quintela foron as duas únicas aproximacións durante todo o encontro. O Viveiro, xogando a pasar os minutos, anotou outro par de tantos e incluso puido facer algún mais. Moi mala a imaxe dos sofanistas nun dos campos históricos da categoría.

FICHA TÉCNICA –

VIVEIRO – Kiko, Hugo, Jorge, Dani, Rego, Nano ( Popo 75´), Aurelio ( Nes 68´), Alberto, Xenxo, Erni e Chis.

S.D. SOFAN – David Pena, Sito, Ruben, Ivan Rey, Raul, Luis (Becerra 68´), Rojo, Sera, Adrian (58´Padin ), Figueiras (68´Felipe) e Mespollet (46´Quintela)

GOLES: 1-0 33´Xenxo 2-0 36´Rego  3-0 60´Erni  4-0 88´Erni