S.D. Sofán 4 vs Soneira S.D. 4

SD Sofán: Dani Varela, Sito, Sera, Rubén (Dany Becerra m.82), Félix, Seo (Adrián m.82), Álex Figueiras (Franchu m.59), Fabián, Iván Rey, Luis (Quintela m.67) y Raúl.

Soneira SD: Josiño, Rubén Forján, Oscarín, Aarón, Brais, Jota, Mayor (Óscar m.71), Richi (Darío m.73), Vía, Dani Casal (Iago García m.85) y Pichi.

Goles: 1-0 m.7: Iván Rey; 1-1 m.47: Pichi; 2-1 m.50: Raúl; 2-2 m.62: Rubén en propia puerta; 2-3 m.75: Pichi; 2-4 m.79: Pichi; 3-4 m.81: Sera; 4-4 m.85: Félix.

Locura de derbi o vivido o sábado no Carral. Nunha segunda mitad moi emocionante e de continuas alternativas, a Sd foi quen de igualar un encontro que parecía perdido, e ainda na última acción do partido tivo unha clarísima opción de levarse a victoria.

O temperán gol inicial parece que perxudicou á Sd, que faltos de intensidade cederon o dominio ó Soneira. Os visitantes tiveron neste acto tres claras ocasións: un remate de Via so no punto de penalti, un disparo de Richi que sacou Dani e outro remate de cabeza de Mayor. Sen embarco a mais clara foi para a Sd, cun disparo de Raul que petou no pao da meta de Josiño.

O segundo tempo foi un tren descarrilado costa abaixo. Os goles empezaron a caer: ó tanto de Pichi respostou Raul cun certeiro cabezazo. No treito final a inoperancia defensiva da Sd puxo o 2-4 no marcador, que parecía definitivo, pero 2 balóns parados e a garra dos sofanistas igualou o partido. E na última acción un man a man de Quintela e Adrian con Josiño desbaratouno Pichi cando xa se cantaba o gol. Como sempre, emoción nos Sd Sofán – Soneira.