S.D. Sofán 2 vs C.S.D. Arzua 1

By
Updated: Marzo 26, 2017

Moito sufriu a Sd para levarse tres punto vitais na loita pola permanencia. Soportou as acometidas do Arzúa durante o segundo tempo, e mesmo o meta David Pena detivo un penal a Iván cando o partido esmorecía. Mais de 250 persoas arrastraron ó equipo a unha nova xornada de épica no Carral.

A Sd esperou replegadiña de inicio ó Arzua, sabedores do potencial do equipo de Montoto. Na primeira media hora a ocasión mais reseñable foi un disparo de falta de Álvaro que saiu lambendo o pao. Tivo Johnny un bo remate dende o borde da area, pero un erro da defensa visitante posibilitou que Iván Rojo adiantase ós locais. Sen tempo a respirar, novo erro defensivo e esta vez Fabián dába unha ventaxa de dous tantos á Sd ó descanso.

O segundo tempo foi de total acoso do Arzua. A escadra repeliu un tremendo trallazo de Álvaro nunha falta. A saida e Iván foi fundamental. O dianteiro visitante foi un pesadelo e del partiron todas as ocasións visitantes. Pero ahí emerxeu a figura de David. O meta sacoulle unha gran man a Ivan. POuco despois desviou en gran intervención un remate de Guille dende fora da area. Dani Mendez reduciu distancias, e pouco despois veu a xogada decisiva. David estivo felino e detivo o lanzamento de Iván, dando os tres puntos á Sd.

S.D. SOFÁN – David Pena, Iván Rey, Sito, Felix, Sera, Rubén, Eibe (Felipe 86´), Fabián, Luis (Quintela 58´), Alex Figueiras (Rojo 33´) e Raul (Brais 74´).

C.S.D. ARZUA – Albor, Miguel, Carril (David 82´), Guille, Diego (Santi 76´), Enjamio, Suso (Iván 61´), Alvaro, Johnny, Borja (Manu 73´) e Dani Mendez.

ARBITRO: Rivera Gores, que amonestou a Ivan Rey, Eibe e Rojo.

GOLES 1-0 42´Rojo   2-0 43´Fabián   2-1 81´Dani Mendez