Lemos C.F. 1 vs S.D. Sofán 0

By
Updated: Marzo 6, 2017

Intenso partido o disputado onte na Pinguela ante uns 200 animosos espectadores, que viron como o seu equipo se levaba uns transcendentais puntos para a permanencia. A Sd loitou con todo, pero marrou claras ocasións e non puido traer botín para Sofán. Debutou o ex xogador do Bergantiños Dani Becerra.

Tivo a Sd a primeira clara ocasión ó cuarto de hora, cando un pase filtrado de Fabián puxo a Quintela diante do porteiro, pero o habil dianteiro estrelou o coiro no peito do gardameta. Respostou o Lemos cun trallazo de Andres que sacou Dani Varela en felina intervención. Pediuse penalti por mans de Dani Becerra pouco antes do descanso, ó que se chegou con xusto empate.

O desafortunado gol de Sito nada mais arrancar o segundo acto sentenciou o choque. A Sd tivo o dominio do xogo, e Fabián mandou un balón ó longueiro na mais clara ocasión visitante. Os locais á contra puideron aumentar o tanteador, sobre todo en duas claras ocasións do seu dianteiro Petrovich. Un disparo de Franchu a pouco do final foi a derradeira opción dos sofanistas.

FICHA TÉCNICA:

LEMOS C.F. – Santi, Manu, Borja, Andre, Mario, Mattheus, Samurio – Petrovich 75´-, Lucas Costa – Quiroga 57´-, Jorge Rodriguez, Fernando e Adrian.

S.D. SOFÁN – Dani Varela, Sito, Iván Rey, Sera, Dani Becerra – Adrián 65´-, Seo – Eibe 83´-, Fabián, Figueiras – Franchu  65´-, Raul – Felipe 46´-, Luis e Quintela.

ARBITRO – Otero Dominguez, que amonestou a Adrian e Matthews por parte local, e a Fabian, Seo, Sito e Becerra por parte visitante. expulsou a Andre no minuto 89´.

GOL – 1-0 49´Sito, tras rebotarlle a pelota logo dunha parada de Dani Varela.